Os celadores do CHOP protestan contra os recortes na contratación de persoal
Por Diego Espiño
A falta de moviemiento nas listas de contratación do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP) motivou que os celadores inscritos nesta demarcación sanitaria quixesen escenificar unha situación, que entenden, non só prexudícalles a eles, tamén fai que empeore a asistencia aos pacientes, segundo defende a voceira da Coordinadora de Celadores das Listas de Contratación Tere González, "como no nos contratan la calidad asistencial del paciente se resiente, por ejemplo no se hacen los cambios que se tienen que hacer cada tres horas, se hace casi uno por turno en un paciente que está encamado".
A protesta céntrase no recorte experimentado na contratación de persoal eventual que se substitúe por un incremento de horas nos traballadores fixos, "queremos trabajar, sabemos que hay trabajo, lo que no se cubren son las ausencias y lo que queremos es que esas ausencias se asignen a los que tienen que asignarse. No queremos las dobles jornadas, la gente fija o contratados engordan las nóminas o se cogen después dos meses de vacaciones".
Nas listas de contratación de Pontevedra hai inscritos preto de 600 celadores dos cales, segundo Tere González, máis de 500 non están a traballar nestes momentos, "en estos momentos muchos de los que estamos dentro de los 100 primeros estamos sin trabajar".
Os celadores, despois de concentrase este xoves ante a Delegación de Sanidade, solicitarán nos próximos días unha reunión co xerente do CHOP, José Manuel González, para expoñerlles as súas demandas e explicarlle as condicións laborais ás que están expostos na actualidade.
Relacionadas:
-
Os celadores denuncian que a "parálise" das listas de contratación do CHOP "empeora a asistencia aos pacientes"
Por Oskar Viéitez |
-
Concentración ante o Hospital para denunciar que non hai contratacións temporais
Por Oskar Viéitez |
-
Concentración de celadores ante a delegación de Sanidade
Por Redacción |