Sanidade mantén a incerteza sobre o futuro dos traballadores de laboratorios de Saúde Pública
Por Redacción
As traballadoras de laboratorio de Saúde Pública en Pontevedra reclamaban unha reunión que lles axudase a aclararar o seu futuro laboral. E este luns 20 de maio tivérona coa direcotra xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Sonia Martínez Arca. Nesa reunión, dende a Consellería insistiuse en que se queren optimizar os recursos públicos, aumentar a eficiencia mantén o número de mostras do laboratorio de saúde pública, así como o número de análise realizadas sen diminuír a calidade, a seguridade alimentaria ou ambiental de Galicia. Pero non aclara que sucederá co centro que se encontra no edificio administrativo da Xunta en Campolongo nin tampouco ofrece datos sobre o futuro dos 21 empregados que traballan nese servizo.
Dende a Consellería indícase que actualmente "se está a reorganizar a planificación dos laboratorios de Saúde Pública coa vontade de garantir os postos de traballo". E tamén indica que están a avaliar a actividade de cada centro para estruturar o servizo.
Segundo se afirma dende a Consellería, o que se trata de manter é unha alta especialización técnica sen necesidade de duplicar equipos e, por conseguinte gastos. Sonia Martínez indica que se quere reorganizar xerará aforros no mantemento xeral das instalacións, nos custos de mantemento, entre outros gastos habituais do laboratorio.