Il Piccolo compite con restaurantes de Nueva York, Quito, Dubai e Melbourne por ser o 'mellor italiano' do mundo
Por Redacción
Un restaurante de Pontevedra, Il Piccolo, está a un paso de ser considerado polo goberno italiano como o mellor restaurante italiano do mundo. Sen contar, está claro, os situados no propio país transalpino. ÿ un dos cinco restaurantes nomeados, o único situado en Europa, que opta ao galardón Ospitalitá Italiana. Competirá con outros catro establecementos de Nova York, Melbourne, Dubai e Quito.
Con este premio, Italia busca recoñecer ao mellor restaurante do mundo no exterior que garante os estándares, calidade de servizos e produtos da hospitalidade italiana. E tras unha detallada e precisa selección internacional de candidatos de países dos cinco continentes, o establecemento pontevedrés é un dos cinco finalistas. O premio entregarase o próximo 12 de xuño en Roma.
Xa en 2012, Ospitalitá Italiana recoñeceu coa Q de calidade ao restaurante italiano Il Piccolo de Pontevedra, por ser un comprometido embaixador en Galicia, España e Europa de promoción das tradicións agroalimentarias das distintas rexións italianas.
Cunha experiencia de máis de 30 anos en restaurantes de Italia, Inglaterra, Francia e Portugal, o restaurante italiano Il Piccolo cumpriu xa 15 anos de fructífera e brillante actividade gastronómica en Pontevedra, promocionando permanentemente a cidade do Lérez en diversas contornas e foros.