Despedida con goleda do Marín ante (0-4) un Choco que ascende a Terceira División
Por Redacción
O Marín dixo adeus á súa andaina na Rexional Preferente cunha goleada na casa (0-4) ante un Choco que contra prognóstico se coou na segunda praza logrando o ascenso a Terceira División 32 anos despois.
O conxunto local, con varios futbolistas das categorías inferiores no equipo, non puido competir coa intensidade dos redondelanos, que dende o asubío inicial se mostraron convencidos de cumprir coa súa parte de levarse os tres puntos e esperar os tropezos dos seus rivais.
Saúl (2), Albert e Cristian marcaron os goles do Choco.
MARÍN CF (0): Pablo González (Toño, min.81), Edu Corrales (Ubeira, min.45), André, Romero, Agus, Cañón, Eric, Pascual (Agustín Doce, min.45), Joaquín, Borja Rial (Pirulo, min.66), Dani.
CD CHOCO (4): Cortegoso, Míchel, Arias, Cristian, ÿscar Blanco (David, min.83), Ero, Manu Lojo, Saúl (Julio, min.83), Diego (Pasu, min.75), Albert (Juanjo, min.82), Chus.
Árbitro: Pereira Ferreiro (Lugo). Amoestou a Agustín Doce nos locais e a Cristian e Arias nos visitantes.
Goles: 0-1 Saúl, min.20; 0-2 Saúl, min.34; 0-3 Albert, min.44; 0-4 Cristian, min.80.
Incidencias: Partido disputado no estadio de San Pedro, Marín.