Un conductor resulta ferido de gravidade tras unha saída de vía en Cambados
Por Redacción
O mozo ÿscar García Pérez de 22 anos, veciño de Meaño, resultou ferido de gravidade tras un accidente de tráfico que se produciu arredor das 5:15 horas da madrugada deste xoves 16.
A causa do accidente foi unha saída de vía do vehículo no que viaxaba en Castrelo no Couto de Arriba no concello de Cambados á altura do Bar Venezuela. Ata o lugar trasladáronse os Bombeiros do Salnés porque un particular alertar o servizo de Emerxencias do 112 de que o vehículo atopábase ardendo. Unha vez alí, os bombeiros non tiveron que intervir porque as lapas foran sufocadas por un veciño e o mozo logrou saír por se mesmo do vehículo.
Non obstante, segundo testemuñas presenciais, a Garda Civil de Tráfico investiga a posibilidade de que houbese un segundo ocupante do turismo que xa non se encontraba alí cando chegaron tanto os axentes coma os membros de Protección Civil e os Bombeiros. O ferido foi trasladado ao Hospital do Salnés por unha ambulancia do 061.
A parte dianteira do turismo quedou destruído tras o impacto contra un sinal de tráfico e golpeu contra postes e viñas dunha leira da zona.