Moreira apoia os traballadores de ENCE ante o ERE proposto pola empresa
Por Redacción
Un grupo de representantes do sindicato CSI-CSIF na fábrica de ENCE en Lourizán mantivo unha reunión co voceiro municipal do Partido Popular, Jacobo Moreira, para analizar a actual situación da factoría. O ERE que quere acometer a dirección da empresa con 39 despedimentos en Pontevedra e a aprobación da Lei de Costas son as cuestións que preocupan ao equipo en relación co seu futuro.
Esta primeira entrevista co Partido Popular abre unha rolda de reunións cos diferentes grupos políticos da cidade. O CSI-CSIF que solicitara con antelación este encontro considera positiva a reunión porque Jacobo Moreira "apoyó nuestra postura en contra del ERE ya que no entiende que una empresa con beneficios económicos no puede tomar estas decisiones" aseguraba Carlos Soto, voceiro do sindicato.
Este mesmo xoves, Jacobo Moreira volverá encontrarse con representantes do CSI-CSIF que forman parte do comité de empresa nunha reunión no que se analizarán os mesmos puntos.
Sobre a aprobación da Lei de Costas e as consecuencias que pode ter para a factoría, Carlos Soto afirmaba que "el PP está haciendo un guiño para que la fábrica se mantenga más allá de 2018", aínda que Jacobo Moreira indicou que as competencias sobre este tema "superan al PP local", sempre segundo palabras do representante sindical.
Relacionadas:
-
O PSOE apoia os traballadores de ENCE contra o ERE pero súmase á marcha da APDR
Por Redacción |
-
Feijóo vincula a permanencia de ENCE a ver "que oferta e que melloras económicas está disposta a facer"
Por Redacción |
-
Juan Luis Arregui, presidente de ENCE: "Trabajamos para que en 2016, todos nos pidan que sigamos en Pontevedra"
Por Alejandro Espiño |