Buscan un veciño de Ribadumia de 85 anos desaparecido
Por Oskar Viéitez
O equipo de drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), unha unidade canina do GES de Padrón, Bombeiros do Salnés e Protección Civil de Ribadumia colaboran coa Garda Civil na procura de Manuel Barragáns Abal, un veciño de Ribadumia de 85 anos ao que se lle perdeu a pista durante o mediodía deste sábado.
Este home foi visto por última vez paseando a uns 700 metros do campo de fútbol da Bouza de Barrantes, nun lugar coñecido como travesía de Rabuñade.
Os propios familiares foron os que alertaron ao 112 da desaparición do octoxenario, e as tarefas de procura concentráronse, nun primeiro momento, na contorna da casa dá cultura de Ribadumia, as inmediacións da Senra e as proximidades da Pousada. Sospéitase que o home puido extraviarse afectado pola intensa calor da xornada.
Uns motoristas afirmaron velo nunha zona de monte.
O home, que usa lentes e bastón, vestía unhas bermudas vermellas.