Ferida unha nena ao abrirse accidentalmente a comporta da praia fluvial da Lama
Por Redacción
Unha nena resultou ferida ao abrirse accidentalmente a comporta da praia fluvial da Lama.
Segundo informaron fontes oficiais da Garda Civil, o suceso tivo lugar este sábado sobre as 19.45 horas.
Ao abrirse a comporta a menor foi arrastrada pola corrente de auga golpeándose por todo o corpo.
Unha ambulancia procedeu ao traslado da nena ata un centro sanitario.