Rescatan un menor que caeu nunha rocha a 50 metros da beira da praia fluvial de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
Os servizos de emerxencias rescataron na tarde deste mércores un neno que quedara atrapado e ferido no medio o río á altura da praia fluvial de Cerdedo-Cotobade.
Segundo a información que recibiu o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, o menor caeu nunha roca a 50 metros da beira e sufriu unha fractura no nocello.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 16.45 horas, a través da chamada dun particular. A continuación, a situación púxose en coñecemento do 061- Urxencias Sanitarias, da Garda Civil, dos Bombeiros do Deza, do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Estrada e de Protección Civil.
Unha vez na praia fluvial, os efectivos do GES da Estrada e os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Deza rescataron ao neno e unha ambulancia trasladouno ata un centro médico.