Bueu organiza un mercado de San Xoán no Parque Ramal dos Galos
Por Redacción
O Concello de Bueu, coa colaboración dos locais comerciantes do Parque Ramal dos Galos, organiza o próximo sábado 23 de xuño o Mercado de San Xoán, que se celebrará no parque Ramal dos Galos entre as 10.30 e as 20.30 horas.
Unha ducia de expositores ofrecerán produtos relacionados coa nutrición da pel e a alimentación saudable, como xabóns e cosmética natural, tés e infusións, batidos, refrescos naturais, xeados... Unha combinación de produtos para mercar, coñecer e probar.
Segundo declarou na rolda de prensa deste mércores a concelleira de promoción económica e turismo, Silvia Carballo, "esta iniciativa fainos especial ilusión xa que este parque era o antigo mercado da vila".
Ao longo de toda a xornada están programadas diversas actividades paralelas para todos os públicos.