A asociación contra o cancro de Pontevedra pecha 2017 con 3.109 persoas atendidas e 136.448 euros en investigación
Por Oskar Viéitez
A Asociación Española Contra o Cancro (AECC) fixo público o seu Informe Anual 2017 na asemblea xeral celebrada o 20 de xuño. Neste documento destacan dúas cifras: 3.109 persoas atendidas e 136.448 euros en investigación.
En 2017, a AECC de Pontevedra atendeu, en números absolutos, a 1.503 persoas con apoio profesional e a 1.606 con acompañamento voluntario (en hospitais e domicilios).
Ademais, 4.881 persoas recibiron mensaxes de prevención da AECC en Pontevedra sobre prevención do cancro e hábitos de vida saudable.
A AECC mantén o compromiso de seguir liderando a investigación en cancro en España con 40 millóns de euros destinados a financiar 250 proxectos de investigación desde o 2011.
Segundo o Observatorio do Cancro AECC en 2017 diagnosticáronse 228.482 casos novos de cancro en todo o Estado.
Relacionadas:
-
A AECC saca á luz o impacto psicolóxico do cancro nos pacientes e as súas familias e reivindica maior atención profesional
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A AECC realiza o seu tradicional peditorio e pide #1MinutoContraelCáncer
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Denuncian que a AECC acepta unha doazón dos afectados das preferentes, pero evita a foto con eles
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A asociación contra o cancro e o CHOP potenciarán a atención aos doentes hospitalizados
Por Oskar Viéitez |