Os letrados de xustiza reivindican unha adecuación salarial
Por Redacción
Adecuación salarial é o que piden os letrados da administración de xustiza, que este martes secundaron as protestas convocadas a nivel nacional.
Fixérono cunha concentración ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, na que participaron unha vintena de funcionarios.
Entre as súas peticións atópase a de incrementar os medios dos que dispoñen os xulgados.
Ademais solicitan un incremento salarial que adapte a súa retribución ás competencias que adquiriron nos últimos anos, unha maior carga de responsabilidade que, aseguran, non se viu recompensada tal e como se tiña comprometido.