O campus de Pontevedra pelexará por introducir novas titulacións que "establezan sinerxias" coas xa existentes
Por Diego Espiño
O novo reitor da Universidade de Vigo, Manuel 'Pachi' Reigosa, aspira a que o de Pontevedra sexa "un campus de primeira" antes do final do seu mandato.
Así o asegurou tras reunirse este martes coa presidenta da Deputación, Carmela Silva, avanzando algunhas das prioridades para o campus pontevedrés, no que a liña de traballo será seguir avanzando na especialización do Campus Crea s2i ao redor da creatividade.
Desta forma Reigosa avanzou que Pontevedra pelexará por atraer novas proposta formativas "que axuden un pouco a pechar esa especialización de campus e que establezan sinerxias entre as titulacións agora mesmo existentes".
Estes sucederá cando abra o mapa de titulacións en 2021 "pero pensamos que hai que planificalo con tempo", explicou o reitor sen querer concretar a que aspirará o campus xa que "primeiro ten que ser a comunidade universitaria quen o estude cun debate serio e sosegado".
Antes diso, en Pontevedra impartirase desde o curso 2019-2020 o novo grao en Deseño e Creación, formación que "me tería gustado que non mermase o número de estudantes no grao de Belas Artes", recoñeceu o dirixente universitario.
Outro asunto para tratar entre Pachi Reigosa e a presidenta provincial foi o futuro da Escola de Enfermería, cuxa xestión pretende ceder a Deputación. Neste aspecto ambos os dous dirixentes mostraron estar "100% de acordo" en que o futuro pasa pola creación dunha facultade universitaria "e agora temos que traballar para ver como se estrutura", sinalou Carmela Silva tendo en conta os estudos de enfermería que tamén se imparten en Vigo e Ourense.
Relacionadas:
-
A Universidade creará unha nova facultade en Pontevedra unicamente para o grao en Deseño e Creación
Por Oskar Viéitez |
-
A Universidade quere implantar un itinerario en galego no grao de Comunicación Audiovisual
Por Redacción |
-
O Concello de Marín e a Universidade de Vigo estudan vías de colaboración
Por Redacción |
-
O Edificio das Artes, de novo na axenda da Universidade de Vigo
Por Alejandro Espiño |
-
O novo vicerreitor do campus reafirma a súa vontade de colaboración co Concello
-
Captar alumnos en países de fala hispana e Brasil, reto do novo reitor da Universidade de Vigo
Por Redacción |
-
Pachi Reigosa, novo reitor da Universidade de Vigo e Jorge Soto, vicerreitor do campus de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |