O PP traslada as queixas veciñais polo estado da praia de Fontemaior e a súa contorna
Por Redacción
O PP de Poio trasladará á comisión de urbanismo deste martes as queixas dos veciños e usuarios polo estado da praia de Fontemaior, en Raxó, e a "falta de limpeza e acondicionamento da zona" a piques de comezar o verán.
A concelleira Rocío Cochón pedirá aos responsables municipais unha actuación para limpar o areal e esixirá que sexa acondicionado para a tempada estival.
Segundo o PP os veciños relatan que a praia presenta un aspecto "pouco apropiado" para estas datas, as papeleiras non teñen bolsa para depositar o lixo, as duchas carecen de auga.
Ademais, a edil popular pedirá unha actuación na contorna deste areal, coa adecuación do lavadoiro anexo á praia e especialmente a limpeza e acondicionamento do parque infantil cercano, no que o PP di que os veciños denuncian a presenza de pulgas.