Pontevedra 'presumirá' de modelo de cidade en Múnich
Por Alejandro Espiño
Pontevedra seguirá presumindo do seu modelo de cidade por Europa. Esta vez farao no marco da XIV conferencia internacional Walk21, que se celebrará na cidade alemá de Múnich do 11 ao 13 de setembro. ÿ o principal evento que se celebra en todo o mundo en materia de mobilidade e nel reúnense experiencias de comunidades que apostan por un modelo urbano máis habitable para as persoas.
Segundo desvelou este martes o Concello, o relatorio que exporá o modelo urbano de Pontevedra leva por título Pontevedra, unha cidade centrada nos peóns e foi escollida polos organizadores de entre as máis de 3.000 propostas recibidas, chegadas de 35 países diferentes. Isto supón, explicou César Mosquera, "un novo recoñecemento internacional a unha cidade que avanzou moito nos últimos anos na súa calidade urbana".
Na carta que remitiu no seu día o alcalde de Pontevedra aos organizadores de Walk 21, cuxa pasada edición celebrouse en México, Miguel Fernández Lores destacaba que nos últimos 14 anos Pontevedra aplicou unha política urbanística e de movilidad centrada nas persoas, a cohesión social e a calidade de vida e recordaba que foi recoñecida con multitude de premios, o último deles o Intermodes.
Relacionadas:
-
Hep Monatzeder, alcalde de Munic "Pontevedra é una inspiración"
Por Redacción |
-
Múnic coñecerá a "relaxing tapa de calamares in the Leña Square" a través do alcalde Lores
Por Redacción |
-
Pontevedra contrastará o seu modelo peonil co de Munich, Goteborg e Sidney
Por Alejandro Espiño |
-
Fernández Lores premiado como un dos cinco mellores alcaldes de España
Por Oskar Viéitez |