Preto de 600 persoas acoden á I Festa do Simpatizante do PP de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
O Partido Popular de Cerdedo-Cotobade deuse este sábado un baño de masas coa súa primeira Festa do Simpatizante.
A Carballeira de San Xusto acolleu un evento que contou cunha alta participación, con preto de 600 persoas segundo os organizadores.
O conselleiro Román Rodríguez, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, Valentín García ou o alcalde da Lama, Jorge Canda, foron algúns dos convidados.
O menú da comida popular consistiu en empanada e churrasco, que foi preparado, cortado e servido polos membros do comité executivo local do PP encabezados por Jorge Cubela e José Balseiros.