A Praza da Peregrina, tinguida de laranxa para loitar contra a leucemia
Por Redacción
A cor laranxa fíxose ben visible desde primeira hora deste sábado na céntrica Praza da Peregrina, lugar escollido pola Fundación Josep Carreras para visibilizar a súa pelexa contra a leucemia.
Trinta anos de loita leva ás súas costas esta fundación, convencida de poder acabar coa enfermidade grazas ás investigacións e tratamentos que fai falta financiar.
Por ese motivo organizouse na cidade unha xornada que ao longo da mañá encheu de actividade e de camisetas laranxas a Peregrina.
Alí instalouse un punto de información sobre o traballo que realiza a Fundación Josep Carreras, acompañado ás 11:00 horas cunha divertida 'master class' de zumba ou ás 13:00 horas coa música das Pandereteiras de Verducido. Ademais os máis pequenos puideron participar en actividades lúdicas e pintacaras.
Todo para poñer un pequeno gran de area á loita contra a leucemia.
Relacionadas:
-
A marcha solidaria '700 camisetas contra a leucemia' di adeus: abre as inscricións para a súa última edición
Por Natalia Puga |
-
A marcha "700 camisetas contra a leucemia" unirá este domingo Vigo e Pontevedra
Por Redacción |
-
Unha marea solidaria de 700 persoas camiña entre Vigo e Pontevedra contra a leucemia
Por Redacción & Diego Torrado |