Sanxenxo dá por inaugurada a tempada alta
Por Redacción
A tempada alta de verán é xa unha realidade en Sanxenxo. O goberno local dá por inaugurada esta fin de semana a época de maior afluencia de visitantes á localidade coa posta en marcha de todos os servizos propios das datas.
Así, o Concello anunciou que desde este sábado 16 de xuño 9 praias contarán con servizo de vixilancia e socorrismo, adiantándose 15 días sobre o que viña sendo habitual. Neste sentido xa se contrataron 41 persoas entre socorristas e sanitarios e nos próximos días está prevista a incorporación doutras 25 persoas para este servizo.
Para o mantemento e limpeza de praias e outros espazos públicos refórzase o persoal coa contratación de 56 persoas, 37 xa se incorporaron e os 29 restantes farano aos algo das dúas próximas semanas.
Doutra banda, finalizouse coa colocación do balizamento de 16 praias, así como a instalación dos 9 módulos novos de salvamento e WC para as praias de Panadeira, Silgar e Baltar, Caneliñas, Canelas, Paxariñas, Montalvo, Bascuas e A Lanzada, mentres que en Silgar, unha das praias con maior número de usuarios, as papeleiras amarelas e verdes non se colocarán ata despois de San Juan e ultímase a reparación dos WC fixos.
Nos areais tamén se realizaron outras melloras como o asfaltado dos accesos a Bascuas e Pragueira ou o soterramento do cableado eléctrico eliminado ata 30 postes do litoral, e tamén se actuou na contorna e os accesos da capela da Lanzada.
En canto á seguridade cidadá, está prevista a incorporación de 33 auxiliares da Policía Local, 26 dos cales o farán este luns e o resto nos días sucesivos.
Ademais está preparada a apertura do parking da praza de mar desde este fin de semana, sempre que o parking cuberto énchase previamente, segundo sinalou o goberno local.
Relacionadas:
-
As praias do Grove, espazos cardio-protexidos este verán
Por Redacción |
-
Sacan a licitación os quioscos, terrazas e tumbonas de Baltar, Montalvo e Major
Por Redacción |
-
Novas probas a socorristas en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Sanxenxo instala novos módulos en seis praias do municipio
Por Redacción |
-
Nove praias de Sanxenxo contarán con vixilancia do 15 de xuño ao 15 de setembro
Por Oskar Viéitez |