ENCE investirá 4 millóns de euros nun secadero de cortizas na súa fábrica de Lourizán
Por Oskar Viéitez
Ence ten previsto incorporar unha planta de secado térmico a baixa temperatura para as cortizas e biomasa da súa fábrica de Pontevedra aproveitando calor residual dos seus procesos.
Segundo destaca a empresa pasteira, o proxecto supoñerá un investimento de 4 millóns de euros e contribuirá á optimización do comportamento ambiental da fábrica, ao permitir aforrar máis de 5,3 millóns de kWh, que pode chegar ata un 75% de aforro enerxético no caso da prensa de cortizas.
O secado térmico ten como obxectivo eliminar ao máximo o grao de humidade das cortizas que serven de combustible á caldeira de biomasa de Ence-Pontevedra. Nos procesos de valorización enerxética da biomasa un factor crave a ter en conta é o Poder Calorífico Inferior (PCI) que representa a cantidade de enerxía neta que se pode obter da biomasa.
O problema que presenta normalmente este tipo de biomasa é o seu alto grao de humidade, o que reduce considerablemente a súa poder calorífico. Para incrementar este poder calorífico é necesario reducir a humidade mediante procesos de secado, como o que proxecta Ence.
O método para levar a cabo este secado térmico a baixa temperatura consistirá en extraer a humidade da cortiza facendo pasar aire quente a unha temperatura de 60 grados centígrados a través da mesma.
A compañía Ence destaca entre as "vantaxes ambientais" a redución de emisións de CO2, a redución de consumo eléctrico nas torres de refrixeración, unha menor utilización da prensa de cortizas, así como a diminución no uso doutros combustibles para estabilizar a caldeira de biomasa.
Relacionadas:
-
Ignacio Colmenares (ENCE): "Nos guste o no, la sociedad gallega está enfrentada al eucalipto"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Ignacio Colmenares (ENCE): "Nos guste o no, la sociedad gallega está enfrentada al eucalipto"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Ence contribuirá á ampliación da EDAR dos Praceres "por solidariedade cos seus veciños"
Por Redacción |
-
ENCE defende ante a marcha de protesta da APDR que cumpre "rigorosamente" a normativa ambiental
Por Redacción | Creada e actualizada
-
ENCE afirma que o impacto visual das ampliacións da fábrica de Lourizán será "mínimo"
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello asegura que Ence pretende construír unha nova cheminea de 70 metros de altura
Por Oskar Viéitez |
-
ENCE di que a utilización de gas natural como combustible de apoio en Lourizán minimizará as súas emisións
Por Oskar Viéitez |
-
A APDR convoca para o sábado 16 de xuño a súa marcha anual contra ENCE
Por Diego Espiño |