Cuntis acomete obras de mantemento da Casa da Cultura
Por Redacción
O Concello de Cuntis esta estos días a acometer as obras de mantemento das fachadas e do tellado da Casa da Cultura.
O edificio esta a ser sometido a unha limpeza dentro dos traballos de posta a punto dun dos edificios máis emblemáticos do Concello patrimonialmente falando, no que se atopa a biblioteca pública e a sala polivalente na que se fan moitas das actividades culturais de Cuntis.
O Concello destina a esta actuación cinco mil euros aportados polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
Entre outras tarefas estase a acometer a limpeza de fachadas con auga a presión e repaso manual de xanelas e zonas onde a hidrolimpadora non poida actuar, a substitución dun cristal fixo nun das ventás fixas superiores. Limpeza da cuberta de tella con hidrolimpadora a presión e dos canlóns e baixantes metálicas.