Tecnoloxía, competencias dixitais e videoxogos na quinta edición de Pont-Up Store
Por Redacción
O Concello de Pontevedra acolleu este martes a presentación da quinta edición de Pont-Up Store, feira de emprendemento liderada polo Campus Crea da Universidade de Vigo.
Tecnoloxía, competencias dixitais e videoxogos son os eixos sobre os que pivotará nesta ocasión a feira, na que se instalarán 33 postos gratuítos para iniciativas emprendedoras.
O prazo para presentar propostas está xa aberto a través de tres modalidades de participación: Presentar un emprendemento nun das 33 casetas dispoñibles, propoñer actividades de dinamización dentro do programa e participar no Puntazo Exprés no que 10 empresas serán seleccionadas para explicar en 5 minutos a súa idea.
A quinta edición de Pont-Up Store celebrarase os días 20, 21 e 22 de setembro na Praza de España de Pontevedra.
Relacionadas:
-
RADIO.- A Asociación GAMER de Pontevedra pasa por A gruta de Gizamaluke
Por Redacción |
-
RADIO.- A gruta de Gizamaluke fala esta semana do máster de videoxogos en Galicia
Por Redacción |
-
PontevedraViva Radio colabora con Morcego para a emisión do primeiro podcast en galego sobre videoxogos
Por Redacción |