Adxudican á empresa COVSA a reforma de Cruz Vermella por 1,1 millóns
Por Redacción
A empresa COVSA será a encargada das obras de urbanización da rúa Cruz Vermella. A actuación terá un prazo de execución de 10 meses e permitirá gañar espazos de convivencia no barrio.
A Xunta de Goberno aprobou esta mañá a adxudicación por un valor de 1.186.284 euros, incluíndo as melloras da beirarrúa de Padre Gaite (93.229,61 euros) e a reurbanización da praza da Castaña (61.229,64 euros).
A reforma supón, en realidade, catro actuacións. A primeira será mellorar as rúas Cruz Vermella e Álvaro Cunqueiro, na que se empatará a actuación coa obra xa feita e se gañará espazo peonil con beirarrúas de máis de tres metros, ordenarase o aparcamento nunha única beira da calzada e regularizarase o mobiliario urbano. O tráfico a motor terá saída por Salustiano Portela Pazos, cara a avenida de Bos Aires.
A segunda actuación será na rúa Salustiano Portela Pazos, que queda en dirección saída do barrio e cambiáselle de lado o aparcamento.
Na rúa Padre Gaite vaise refacer a beirarrúa enteira e eliminaranse os plátanos, que son unha barreira na beira do Pavillón Universitario. Substituiranse por novas árbores e ordénase todo o espazo con mobiliario, iluminación, árbores, tránsitos peonís...
A última actuación será a creación dunha nova praza, a máis ambiciosa. Vai prestar atención preferente ao centro de ensino permitindo que os nenos poidan ir sós ao colexio e poidan xogar na rúa. Tamén se lle dá un servizo parecido ao pavillón de deportes e ao centro da Cruz Vermella. O acceso e saída á praza será pola rúa Padre Gaite.
Haberá tamén actuacións xerais como renovación da rede de saneamento, de auga e de electricidade para a iluminación, instalación de mobiliario urbano, cambio integral da iluminación e novo arborado con tratamentos diferenciados en cada zona.
Relacionadas:
-
A reforma da Praza da Castaña eliminará o parterre elevado
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello presenta os espazos de estacionamento de vehículos na rúa Cruz Vermella
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A reforma de Cruz Vermella estará rematada no primeiro trimestre de 2019
Por Redacción |
-
Pechan Cruz Vermella entre Álvaro Cunqueiro e Padre Gaite para crear a nova praza peonil
Por Redacción |
-
A reforma de Cruz Vermella comezará coa construción da nova praza peonil
Por Alejandro Espiño |
-
O treito peonil da rúa Oliva estreará novo pavimento
Por Alejandro Espiño |
-
As obras en Cruz Vermella incluirán a reforma da Praza da Castaña
Por Redacción |
-
A reforma de Cruz Vermella interesa a trece empresas
Por Alejandro Espiño |
-
Licitan a reforma do treito final da rúa Cruz Vermella
Por Redacción |