O arrecendo do pincho moruno inunda Bora
Por Redacción & Diego Torrado
O campo de Santa Lucía converteuse este sábado no escenario da quinta edición da Festa do Pincho Moruno de Bora, un evento gastronómico que xa se consolidou no calendario pontevedrés.
Veciños e visitantes deron boa conta dos deliciosas pinchos morunos preparados para a ocasión, que viñan acompañados de patacas fritas e pan.
Unha carpa protexeu aos asistentes da choiva que, ao longo deste sábado, caeu en Pontevedra.
A degustación gastronómica estivo acompañada de numerosas actividades como unha masterclass de zumba, obradoiros para nenos e a animación musical dun grupo de gaitas.
O broche de ouro á festa é verbena amenizada pola orquestra América e a discoteca móbil Euphoria Disco Show.