Moldes tacha a Carmela Silva de "oportunista" e pídelle que non faga "demagoxia" coa igualdade
Por Redacción
O portavoz do Partido Popular en Pontevedra, Ángel Moldes, pediu "responsabilidade" á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, á que reclamou que non faga "demagoxia política" coa igualdade.
Nun comunicado, Moldes asegura que Silva é unha "oportunista" e rexeita as acusacións de "machismo" vertidas pola presidenta provincial cara o titular do goberno galego, Alberto Núñez Feijóo.
"Quen escoitase as palabras de Feijóo entenderá que en ningún momento foron machistas en absoluto", sinalou o deputado popular.
O dirixente do PP lamenta que Carmela Silva utilice un discurso "recorrente" que cae no "victimismo", na "esaxeración" dos feitos e na "manipulación".
Entende que "unha cousa é defender a igualdade", compromiso polo que "estamos absolutamente todos" no Partido Popular, e outra é "manipular as palabras de Feijóo para acusalo do que non é".
Ángel Moldes asegura que este tipo de actitudes non fan "ningún favor" á loita pola igualdade.