Cuntis volve render homenaxe a Olimpio Arca coa segunda edición do seu premio de investigación
Por Redacción
A Concellaría de Cultura, Turismo, Normalización Lingüística, Patrimonio e Xuventude de Cuntis acaba de convocar a segunda edición do Premio de Investigación en Humanidades e Ciencias Sociais Olimpio Arca, co que busca honrar a figura deste mestre cuntiense que desempeñou o seu traballo entre a súa localidade e o concello veciño da Estrada.
O Concello considera que un dos mellores xeitos de manter viva a súa memoria é a convocatoria dun premio sobre un dos ámbitos aos que se dedicou, a investigación, no que destaca o traballo realizado sobre os canteiros de Cuntis, que tivo una forte pegada no concello, permitindo conservar por escrito as referencias a algún dos mellores do municipio.
Unha vez aprobadas as bases desta segunda edición, ábrese a recepción de traballos de investigación en Humanidades e Ciencias Sociais (arqueoloxía, etnografía, historia, filoloxía, literatura, filosofía...).
Os traballos deberán ser de temática galega e achegar unha reflexión orixinal e novidosa ao coñecemento científico dentro destes ámbitos. Este premio está dotado cunha cun premio único de 1.500 euros.
As bases poden consultarse xa no Taboleiro de Anuncios da Sede Electrónica do Concello e nos vindeiros días no Boletín Oficial da Provincia, segundo informou o concelleiro Diego Torres Iglesias.
Relacionadas:
-
Todo preparado en Cuntis para a terceira edición do premio de investigación Olimpio Arca
Por Redacción |
-
Xosé Fuentes Alende gaña o premio de investigación Olimpio Arca
Por Redacción |
-
Oito traballos optan ao primeiro premio de investigación Olimpio Arca
Por Redacción |
-
Abren o prazo para presentar traballos ao premio de investigación Olimpio Arca
Por Redacción |
-
Crean en Cuntis o premio de investigación cultural Olimpio Arca
Por Redacción |