A comarca do Salnés ábrese paso no mercado chinés
Por Redacción
Este mércores presentáronse os resultados obtidos na viaxe de promoción turística realizada polo delegado de turismo da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Pita, como representante da comarca convidado á "International Mayor´s Forum on Turism 2018" celebrado a semana pasada na cidade chinesa de Zhengzhou.
A delegación española desprazada a Beijing constaba de 12 representantes políticos e medios de comunicación. Formaron parte dun grupo de 100 representantes de toda Europa, convidados a participar no Foro de Turismo.
A comarca do Salnés ábrese paso no mercado chinés ao formar parte da primeira delegación española que acode a este foro de turismo que se celebra bianualmente.
Gonzalo Pita destacou que o resultado desta viaxe foi exitoso e espérase recibir na comarca moi pronto unha visita institucional dunha delegación chinesa para establecer convenios de colaboración.