Barro recibe fondos provinciais para a reparación do depósito de augas municipal
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante resolución presidencial, un novo investimento no concello de Barro ao abeiro da liña 1 do Plan de Concellos 2018. Trátase esta vez dunha axuda de 22.908,06 euros para a reparación do depósito de augas municipal.
Ademais destas cantidades, o Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para este concello da comarca de Pontevedra. En concreto, 169.967,36 euros para o financiamento da piscina pública municipal en Outeiro e a pavimentación e dotación de servizos na EP 0505 N-550 Igrexa-Perdecanai (Barro).
Ademais, a Deputación de Pontevedra adxudicou 38.930,61 euros para a limpeza de cunetas e vías municipais no concello, o reforzo e reparación de viais municipais, a Festa do Viño e a limpeza de pistas no ámbito de Barro. Outros 96.713,18 euros foron destinados á contratación de 13 traballadores que están a desempeñar funcións no concello.
Ata este momento, o Plan Concellos 2018 xa entregou 328.519,75 euros do total destinado a Barro, isto é, o 44.82 %.
Relacionadas:
-
Barro quere captar auga do Pontillón para combater a seca e mellorar o seu abastecemento
Por Alejandro Espiño |
-
Barro homenaxeará as tabernas tradicionais na súa Festa do Viño
Por Redacción |
-
Barro investirá 35.000 euros na posta a punto dos viais municipais
Por Redacción |
-
As obras da estrada de Perdecanai finalizarán a primeiros do verán
Por Redacción |