Cores Tourís comproba o inicio das obras de mellora da rotonda da PO-504 na entrada á zona urbana de Sanxenxo
Por Redacción
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou este mércores o inicio das obras de mellora da PO-504 no enlace deste vial coa autovía do Salnés, ás que a Consellería de Infraestrutura destinou 48.395,74 euros, e que permitirá o traslado da caseta turística municipal.
Na visita estivo acompañado do alcalde da localidade, Telmo Martín, así como do xefe territorial de Infraestruturas e Vivenda en Pontevedra, José Luis Díez.
As obras acaban de comezar e teñen como obxectivo mellorar a zona de entrada cara ao municipio dende a autopista, acondicionando este acceso e tamén unha área onde se instalará unha caseta para información turística dos visitantes desta comarca.
Tal e como explicou Cores Tourís, "na actualidade esta zona no está urbanizada e se usa como aparcamento de vehículos, aínda que conta xa con beirarrúas e alumeado público", explicou o delegado territorial quen matizou que na parte oposta está instalada unha caseta para información turística do concello, "a escasa distancia da calzada co conseguinte perigo para automóbiles e persoas. Deste xeito, trasladamos a caseta para facilitar con seguridade viaria o acceso á mesma, e melloramos a accesibilidade á saída da glorieta".
As principais obras consistirán na execución dunha soleira para situar a caseta de información turística; o acondicionamento do sobre ancho con mestura bituminosa en quente para ampliar a plataforma da calzada; a execución dun murete de formigón para delimitar e protexer a zona da casta; a pavimentación do vial antigo en la zona do sobre ancho e a urbanización con baldosa hidráulica. Tamén se levará a cabo o pintado de marcas viais, a instalación dun atenuador de impacto e a acometida para o saneamento e o alumeado da caseta de turismo.
Prevese que a obra remate a finais do presente mes, dependendo das condicións meteorolóxicas.