Os veciños de San Blas de Aguete, preocupados polo risco de incendios ante a falta de limpeza de leiras
Por Redacción
Os directivos da asociación de veciños de San Blas de Aguete trasladaron ao Concello de Marín sen preocupación pola alta de limpeza, roza e talla das leiras pegadas ás vivendas, cuxo mal estado de conservación consideran "un risco moi grave en caso de incendio".
Os representantes veciñais reuníronse cos concelleiros de Urbanismo e Turismo, Manuel Santos e Cristina Acuña, para trasladarse as súas demandas e problemas.
En relación cos incendios, os concelleiros explicáronlles que coa nova lei de incendios o Concello pode esixir o cumprimento da obrigación de manter limpas esas franxas próximas ás vivendas e actuar dunha forma moito máis eficaz tanto en execución como en sancións para o que non cumpra e manteña as súas leiras nun estado óptimo que non reverta perigo para as casas en caso de incendio.
Outro dos temas tratados foi o do estado da pavimentación do camiño que vai desde o viario ao comezo da praia de Aguete ata a saída fronte á gasolineira de Seixo. Segundo informaron os concelleiros, este camiño está á espera da concesión por parte da Deputación de Pontevedra do financiamento solicitado dentro do Plan Concellos,.
Segundo indicaron, en canto de obteña, procederase á licitación e execución do mesmo. Prevese que sexas ao longo deste ano.