A Xunta subvenciona con 3.000 euros a cada festa de Interese Turístico
Por Oskar Viéitez
O Diario Oficial de Galicia (DOG) pública este venres a lista de concellos beneficiados a través de dúas liñas de axudas da Axencia de Turismo de Galicia.
Na nosa contorna beneficianse das axudas as seguintes festas de Interese Turístico Galego: a Festa da Troita de Ponte Caldelas; as alfombras florais de Bueu; o entroido de Cobres en Vilaboa; e a Festa de San Miguel e Danza das Espadas de Marín, as XVII Xornadas de Exaltación da Vieira de Cambados; a Festa do Mexillón e do Berberecho de Vilanova de Arousa; a Semana Santa e Pascua de Paralela en Meis e a Festa da Ameixa de Carril en Vilagarcía de Arousa, a Festa do Carneiro ao Espeto de Moraña ou a do Lacón con Grelos de Cuntis.
Así, cada unha delas recibirá 3.000 euros de subvención.
En total, na provincia de Pontevedra beneficiaranse destas axudas un total de 26 festas de Interese Turístico de Galicia, cunha axuda global de 81.000 euros.
A Xunta tamén ten aberta unha liña de axudas para concellos declarados municipios turísticos e a xeodestinos de Galicia para a contratación de persoal nas oficinas de turismo nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro, beneficiándose, neste senso, o concello de Poio na comarca de Pontevedra, cunha axuda de 4.521 euros. A nivel provincial, beneficiaranse desta axuda un total de 11 concellos que recibirán case 55.000 euros en total.