A APDR pide á Xunta que paralice a tramitación do plan sectorial de ENCE
Por Oskar Viéitez
A Asociación Pola Defensa da Ría vén de presentar un escrito de suxestións ao documento inicial estratéxico e o borrador da modificación do proxecto sectorial remitido por ENCE á Consellería de Industria que iniciaría o trámite para a modificación do Plan Sectorial de Incidencia Supramunicipal do que se beneficia a empresa.
Neste escrito a APDR solicita a paralización da tramitación desta modificación que pretende dar cabida, nos terreos de dominio público que na actualidade ocupa ENCE, a novas instalacións industriais "que provocarían un severo incremento do impacto ambiental a nivel de contaminación, un grave impacto paisaxístico aumentando os riscos na zona ao construírse tamén unha planta regasificadora na que se acumularán grandes cantidades de gas natural".
O obxectivo da solicitude de modificación da normativa é incrementar o máximo de alturas construtivas para acadar os 70 metros en chemineas e instalacións de evacuacións de gases co obxectivo construír unha central enerxética nova de grande envergadura.
Segundo a APDR, entre outras instalacións, a pasteira pretende construir unha planta para a deshidratación de biomasa, unha planta de regasificación de gas natural licuado de 240 metros cúbicos e unha "megaplanta" de 40 megavatios de produción de enerxía eléctrica alimentada con biomasa.
Relacionadas:
-
ENCE afirma que o impacto visual das ampliacións da fábrica de Lourizán será "mínimo"
Por Oskar Viéitez |
-
A APDR convoca para o sábado 16 de xuño a súa marcha anual contra ENCE
Por Diego Espiño |
-
Ence asegura que os investimentos na fábrica de Lourizán reforzan a súa fiabilidade ambiental
Por Oskar Viéitez |