Cita solidaria no Festisol de Barro para axudar a Edgar, un neno que precisa audífonos
Por Redacción
Este sábado 2 chega a Barro o Festisol (Festival Solidario Galicia), unha cita fundamental para apoiar a Edgar, un bebé ourensán que precisa de diñeiro para pagar uns audífonos. Celebrarase ás 21.00 horas no Pazo da Crega.
O festival conta coas actuacións de Ana Angueira, Zanfoneiros sen fronteiras, Son das Tabernas e Santi Barreiro DJ, ademais de animación, actuacións infantís e gastronomía.
A entrada custa 3 euros, os menores pasan gratis ao recinto. As entradas pódense adquirir na Cafetería Praza, de Barro ou no Bar Almirante, de Pontevedra. O evento está organizado pola Taponeta Solidaria, unha iniciativa encabezada por Enrique Magdalena, apoiada por Fundación Amigos de Galicia.
Aquelas persoas que queiran colaborar coa causa de Edgar, poden achegar donativos a través dunha Fila Cero. O número de conta é ES55 2080 5075 1730 4003 4704.
O neno de seis meses padece hipoacusia conxénita bilateral moderada severa e necesita uns audífonos que teñen un custo subvencionado pola Seguridade Social, pero non na súa totalidade. O custo é tan elevado que a familia non pode facerse cargo.
Relacionadas:
-
RADIO.- Non rompas esta cadea solidaria: regálanche música, regalas música
Por Marisa Ciordia |
-
Un valado para lembrar a importancia da recollida de tapóns para axudar á saúde de menores galegos
Por Redacción |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: Sumando solidariedade tamén en Nadal
Por Marisa Ciordia |
-
Un maleteiro cheo de tapóns dos escolares das Doroteas axudará na recuperación de Nahir
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |