Amigos da Dorna pide 15.000 euros para a creación dun museo flotante en Portonovo
Por Redacción
A Asociación de Amigos da Dorna de Portonovo denuncia a ausencia dun espazo apropiado para expoñer ao público a frota de embarcacións tradicionais deste colectivo, pequenos barcos considerados bens patrimoniais recollidos na Lei do Patrimonio Cultural de Galicia.
Esta asociación sinala que, desde o ano 2011, leva demandado apoio por parte de Portos de Galicia e do Concello de Sanxenxo para crear un museo flotante. Hai uns meses recibiron unha autorización para desenvolver este proxecto. Malia iso, precisan dun acondicionamento das instalacións no porto de Portonovo para que esta exposición de dornas atópese segura.
Os integrantes de Amigos da Dorna piden 15.000 euros para adaptar as prazas de amarre. Desta forma, o público podería visitar as embarcacións e ademais instalaríanse paneis informativos.
O museo flotante converteríase, segundo os seus promotores, nun punto de atracción cultural dirixido a mostrar episodios da historia mariñeira de Portonovo. Amigos da Dorna tamén se compromete a realizar visitas guiadas, especialmente durante o verán.
O colectivo solicitou un encontro co alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, para desbloquear esta situación e buscar unha solución antes da chegada do verán deste ano.