Xa foron eliminados 30 postes da luz entre as praias de Pragueira e A Lanzada
Por Redacción
Dentro do plan de posta a punto das praias posto en marcha polo Concello de Sanxenxo, as concellerías de servizos e medio ambiente eliminaron 30 postes da luz, substituíndoos por conducións subterráneas.
Trátase de zonas de gran interese paisaxístico, incluídas algunha delas dentro da Rede Natura 2000. Os postes que se van a eliminar están diante das praias da Lanzada, A Lapa, Area Gorda, Foxos, Major e Pragueira. Do total de postes que se eliminaron, 22 estaban no lado marítimo, o que afea a paisaxe desas praias e os demais estaban alén da estrada.
Na contorna da ermida da Lanzada e na baixada da praia de Foxos melloráronse as entradas, nivelouse o terreo e botado jabre cunha moto niveladora-compactadora. Diante da praia de Foxos limpáronse as herbas dos muros que afeaban a zona e dificultaban o paso dos peóns. Tamén se cortaron as plantas invasoras e canas que impedían a visión da ría.
Nesta praia está previsto mover o módulo de socorristas e o módulo dos baños para situalos nunha zona máis accesible e de menor impacto visual. Tamén se eliminaron sinais metálicos que estaban oxidadas, en moi mal estado e substituíuse e prolongado a rede de canalización de pluviais para evitar as fochas no terreo.
En relación aos novos módulos sanitarios, xa está instalado o da praia de Panadeira e agora vaise a proceder ao arranxo e o embelecemento da contorna deste módulo. Outros 6 novos módulos van instalar noutras tantas praias, cun custo total de 130.000 euros e financiados polo Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra.
Nun dos accesos á praia de Montalvo instaláronse cinco novas luminarias led, que melloran a visibilidade neste viario de acceso ao areal.
Dentro da posta a punto das praias hai que mencionar que a concellería de infraestruturas xa concluíu o asfaltado dos accesos ás praias de Foxos e Pragueira cun investimento que supera os 100.000 euros.
Relacionadas:
-
Campaña de asfaltado en camiños e viarios de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Pragueira e Bascuas estrean accesos a tempo para a tempada de praias
Por Redacción |
-
Eliminan 27 postes da luz que afean a paisaxe entre as praias de Pragueira e A Lanzada
Por Redacción |
-
Sanxenxo mellorará os accesos ás praias de Bascuas e Pragueira
Por Redacción |