A rehabilitación de inmobles no centro histórico de Pontevedra segue en ascenso
Por Oskar Viéitez
A comisión de seguimento do Peprica, o plan especial de protección e reforma interior do casco antiguo de Pontevedra, deu o seu visto e prace a varias licenzas de rehabilitación de vivendas da zona monumental.
Concretamente é nas rúas Princesa, Tetuán, Michelena, Praza do Teucro, San Nicolás e Pratería Vella.
Segundo informou a concelleira de urbanismo, Anabel Gulías, a maior parte delas obtiveron informes favorables excepto un permiso solicitado no número 9 da rúa Pratería Vella que por ser un edificio especialmente singular decidiuse que a proposta presentada polos promotores non encaixa cos criterios que entendían as técnicas para dar o visto bo.
Neste caso daráselle traslado da decisión para que os propietarios volvan tramitalo.
Anabel Gulías leva tempo falando da reactivación das rehabilitacións para vivendas na zona vella, que entende que é unha boa noticia.