O tempo inestable continuará nas Rías Baixas durante a primeira semana de xuño
Por Redacción
Este martes nas Rías Baixas continuará mantendo a situación meteorolóxica dos últimos días coa permanencia de aire frío nas capas altas da atmosfera. Durante a mañá, os ceos continuarán cubertos, con choivas débiles e ao longo do día os ceos manteranse parcialmente cubertos, con chuvascos ocasionalmente tormentosos. As temperaturas seguirán oscilando entre os 13 e os 22 graos, o vento soprará frouxo de compoñente norte.
Para este mércores 30, o servizo de Meteogalicia anuncia a chegada de ventos de compoñente oeste que achegarán moita humidade. Os ceos continuarán anubrados, con apertura de claros ao longo da tarde. Os ventos soprarán frouxos e as temperaturas moveranse entre os 13 e os 19 graos.
Para o último día do mes, o 31 de maio, os ventos de compoñente oeste seguirán achegando moita humidade e espéranse ceos anubrados con posibilidade de choivas débiles no litoral das Rías Baixas. As temperaturas non experimentarán cambios significativos.
A partir de xuño, a inestabilidade atmosférica continuará protagonizando a situación meteorolóxica con altas probabilidades de precipitacións en forma de chubascos durante toda a fin de semana e durante o luns e o martes da vindeira semana. As temperaturas ascenderán lixeiramente, con mínimas de 10 graos e máximas que se situarán sobre os 22 graos.