A Xunta aproba subvencións para o fomento do emprego no medio rural
Por Oskar Viéitez
A Consellería de Economía, Emprego e Industria acaba de resolver a convocatoria do programa Aprol Rural para este ano 2018.
A administración autonómica impulsa, deste xeito, o emprego no eido rural incentivando a contratación de desempregados, durante 9 meses a tempo completo, para que realicen tarefas de silvicultura, biomasa ou limpeza de montes.
Na comarca de Pontevedra, beneficiaranse os concellos de A Lama e Ponte Caldelas, cada un con dous beneficiados, así como o de Cerdedo-Cotobade con 4. Marín tamén poderá contratar a 2 desempregados dentro deste mesmo plan. En total, esta comarca recibirá case 115.000 euros.
Na comarca do Salnés, beneficiaranse os concellos de Meaño, Meis, Vilanova de Arousa e O Grove, cada un con dous beneficiados, así como Ribadumia con 4 e Sanxenxo con 1. En total, esta comarca recibirá 135.000 euros.
Na comarca de Caldas, beneficiaranse os concellos de Catoira, Cuntis, Portas e Valga, cada un con dous beneficiados, así como o de Moraña, con 4. En total, esta comarca recibirá 135.000 euros.
Este ano, precisamente, introduciuse como principais novidades que os contratos terán que estar relacionados coa valorización do sector forestal.