TurisTIC preséntase como un proxecto da Deputación para unir promoción turística e tecnoloxía
Por Redacción
As empresas turísticas poderán contar cunha nova ferramenta para promocionar as súas ofertas a través dunha iniciativa da Deputación de Pontevedra denominada TurisTIC, unha iniciativa tecnolóxica que realizará propostas para os negocios do sector e ofrecer produtos e solucións relacionadas coas tecnoloxías de información e comunicación.
Esta mañá, a presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva, acompañada polos deputados Santos Héctor e Javier Dios, ademais dos asesores de SmartPeme, onde xurdiu este proxecto, presentaba a proposta como un punto de apoio fundamental para a actividade turistica da provincia.
Silva sinalou que en Pontevedra traballan máis de 10.000 empresas dedicadas ao turismo, o que supón o 34% do sector en Galicia. Ao redor do 13% das empresas da provincia pertencen a este sector, xerando economía e emprego, afirmaba a presidenta provincial. A maioría destas empresas están formadas por menos de 10 persoas empregadas.
As liñas que seguirá TurisTIC centraranse na capacitación TIC, na creación dun centro de demostración e unha aceleradora. A capacitación achegará información e asesoramento personalizado ás empresas, a través dun diagnóstico inicial. Traballarase a xestión das redes sociais, os servizos online, a comunicación e márketing ou a xestión de datos.
PROMOCIÓN DAS RÍAS BAIXAS EN CÓRDOBA
A presidenta da Deputación tamén explicou que o xoves 31 desprazarase unha delegación da institución provincial a Córdoba para dar a coñecer a provincia, dentro dunha campaña que busca promocionar as Rías Baixas en Andalucía. Esta comunidade é, despois de Madrid, de onde proceden máis visitantes á provincia.
Durante esta intervención promocional haberá un encontro con operadores turísticos, axencias de viaxe e medios promovendo a campaña 'Somos historias'. O fío condutor será María Vinyals, que pasou longas tempadas no Palación do Marqués de la Vega Armijo e en Huerta de Arcos.
Neste encontro promoverase a gastronomía como un dos elementos de maior atractivo turístico.
Relacionadas:
-
Carmela Silva quere que a provincia sexa unha referencia na transformación dixital
Por Redacción |
-
Se Extremadura ten as visitas ás cerdeiras do Jerte en Pontevedra temos a Ruta das maceiras en flor
Por Oskar Viéitez |
-
Xornadas de portas abertas para gozar en maio da musealización do castelo de Soutomaior
Por Oskar Viéitez |
-
Acordo entre Deputación e Hotusa para promocionar as Rías Baixas
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva anima os turistas a gozar da "máxica" choiva das Rías Baixas
Por Noelia Torres Pintos |