Concentración de motoristas para denunciar o "abuso recaudatorio" de Tráfico
Por Diego Torrado & Redacción
O colectivo Motoclub Plántallelume reunía a máis dun centenar de afeccionados ás motos nunha concentración que se desenvolvía no aparcadoiro do Recinto Feiral de Pontevedra durante a tarde deste domingo.
Esta concentración convocábase para manifestar a súa protesta contra o que consideran un "abuso recadatorio" por parte da Dirección Xeral de Tráfico.
Esta agrupación de motoristas denuncia que nos últimos meses se desnevolve unha campaña na que se revisa permanentemente o estado das motos na estrada e sinalan que se lles multa polo estado das viseras dos cascos, os "latiguillos" metálicos ou as bombas de freo.
Indican tamén que os axentes de Tráfico realizan controis nas concentracións, con radares nas rutas e que os motoristas reciben multas, en numerosas ocasións, "por bobadas".
Desde Plántallelume afirman estar de acordo cos controis de alcoholemia e co control de velocidade por parte de Tráfico pero consideran que aos moteiros estáselles tratando como delincuentes cando, con todo, son os primeiros interesados na seguridade na estrada e que non se produzan accidentes.