Os marinenses están namorados dos seus mercados
Por Redacción
O Concello de Marín dinamiza as compras nos mercados do municipio, promocionando as ventas co sorteo de 1.000 euros na mañá deste sábado 26 de maio, no marco da campaña "Quere ao teu mercado".
As rifas obtíñanse realizando compras nestes espazos dende o 14 de maio.
Os sorteos se realizaron no Mercado de Seixo ás once e media e no de Marín á unha da tarde, e foron presenciais.
En Marín sorteáronse 10 vales: un de 300 euros, un de 100 euros e oito de 50 euros.
No mercado de Seixo sorteáronse 3 vales: dous de 50 euros e un de 100 euros.