O tren turístico de Vilagarcía atropela unha muller preto do Mercado
Por Redacción
O tren turístico que circula a escasa velocidade polo centro de Vilagarcía foi o protagonista dun accidente durante a xornada deste sábado 26. Ao redor das 11.00 horas, cando o vehículo circulaba nas proximidades do Mercado de Abastos, na zona entre Alexandre Bóveda e Arcebispo Lago, o tren impactaba cunha muller que tentaba cruzar a rúa por un paso de peóns, segundo os servizos de Emerxencias.
A vítima foi golpeada e caeu ao chan provocando que numerosas persoas tentasen acudir na súa axuda. Segundo as primeiras observacións médicas, a muller non sufriu graves danos físicos. Foi trasladada a un centro hospitalario para unha exploración máis profunda.
O atropelo provocou que durante máis de quince minutos cortásese a circulación nesta zona provocando retencións de tráfico no centro da vila.