A Deputación achega fondos aos concellos de Campo Lameiro, O Grove, A Illa de Arousa e Ponte Caldelas
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar novas achegas para os concellos de Campo Lameiro, O Grove, A Illa de Arousa e Ponte Caldelas, dentro da Liña 1 do Plan Concellos 2018.
Así, a institución provincial destina ao concello de Campo Lameiro 72.201 euros para varias actuacións nas vías públicas de Gargallóns 1, 2 e 3, punto limpo e parque infantil Castriño.
No caso do Grove un total de 418.000 euros para a execución do proxecto auditorio e escola de música.
Seguindo nesta liña, o concello de Illa de Arousa tamén obtén unha subvención con valor de 615.680,29 euros para levar a cabo a rehabilitación das vivendas nº 1, 3 e 5 da rúa Marqués de Bradomín para equipamentos socioculturais.
Deste mesmo modo, a institución provincial destina 76.424,69 euros a Ponte Caldelas para o proxecto de humanización da Praza de España e do primeiro tramo da Avenida de Vigo.