Quedan prazas libres nos cursos de formación en Poio
Por Redacción
O concelleiro de Promoción Económica e Urbanismo de Poio, Gregorio Agís, anuncia que aínda quedan prazas libres para aquelas persoas interesadas en formarse nos cursos que se desenvolven a través do Concello de Poio.
As actividades realizaranse durante as tardes do mes de xuño. Do 11 ao 22 de xuño levará a cabo ' Hostalería: Camareiro/a de pisos' 'Poda de cítricos', do 31 de maio ao 2 de xuño; 'Manipulación de produtos pesqueiros frescos', do 4 ao 7 de xuño; 'Carretilleiro', do 13 ao 16 de xuño.
Tamén se continuará co Proxecto Senda, que se iniciou o 3 de abril e que finalizará o 15 de xuño. Os cursos realízanse no Centro de Formación A Reiboa e no Centro Cultural Xaime Illa Couto.
Con estes cursos finalizará a programación formativa do primeiro semestre e a actividade neste apartado continuará a partir de setembro. Para inscribirse pódese acudir á Casa do Concello ou contactar a través da extensión 1260 ou na páxina de facebook 'Concellería de Promoción económica - Concello de Poio' e no correo electrónico: promocioneconomica@concellopoio.org