Sanxenxo pide a reparación urxente do noiro da Lanzada
Por Redacción
O goberno local de Sanxenxo remitiu á xefatura provincial de Costas de Pontevedra un informe no que solicita a reforma urxente do noiro da Lanzada. No documento, o arquitecto municipal detalla os desprendementos neste espazo de acceso á capela da Lanzada e á praia de Areas Gordas.
O noiro presenta a necesidade de separación urxente para evitar que se sigan producindo desprendementos e se poña en perigo o acceso de tráfico a este espazo. No informe indícase que esta situación está a afectar á necrópole que se atopa nesta contorna.
Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo, afirma que existe o compromiso de reparación urxente deste problema, despois de xestionar directamente con Costas e co Ministerio de Medio Ambiente.