Novo acto vandálico na Finca de Briz
Por Redacción
O Concello de Marín alerta dun novo acto vandálico nas instalacións da Finca de Briz. Nesta ocasión, os danos realizáronse nunha figura de madeira que representa un neno, que foi arrincada da súa base, tamén de madeira.
Este acto ven precedido polo que a semana sufriron diversos elementos musicais. Aquel asalto provocou que dous dos elementos musicais estean deteriorados sen posibilidade de que se arranxen. O goberno local ten previsto reemplazalos por outros materiais novos, cun coste que se aproxima aos 6.000 euros.
O goberno da alcaldesa María Ramallo lamenta estas prácticas incívicas, que contrastan co esforzo que se está a facer para dotar de atractivos a este parque de actividades. Está previsto que esta semana se arranxe a figura que sufriu os desperfectos durante as últimas horas.
Relacionadas:
-
A Policía identifica a "Sick", un mozo marinense ao que lle imputan varios actos vandálicos
Por Oskar Viéitez |
-
Lapis de cores reinan en Marín
Por Redacción |
-
Chega un novo veciño á Finca de Briz: unha curuxa de madeira
Por Oskar Viéitez |
-
Briz, un espazo para a integración laboral
Por Redacción |
-
Os actos vandálicos cébanse con Marín, con danos na Finca de Briz e un parque infantil
Por Redacción |