Ollo cos riscos laborais no mercado de abastos
Por Redacción
A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, repartiu trípticos con recomendacións para previr os riscos laborais en carnicerías, chacinerías e peixarías da Praza de Abastos de Portonovo dentro dunha campaña do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia.
A iniciativa inclúe a repartición de 2.000 carteis e recolle os principais consellos para que os vendedores aprendan a manexar con seguridade as máquinas e utensilios de corte, así como a información sobre as posturas de traballo adecuadas e os equipos de protección individual.
Esta campaña na que se reparten 10.000 trípticos préstase especial atención aos sectores económicos con maiores índices de sinistralidade laboral.