Poio abre o prazo de inscrición do "Espazo Concilia"
Por Redacción
A Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller, convoca o "Espazo Concilia" un espazo socioeducativo de lecer e de apoio a infancia para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar e fomentar a corresponsabilidade.
Ao longo do verán traballarase cos cativos arredor da igualdade, corresponsabilidade, prevención da violencia a través de diversos talleres. O número de prazas ofertado é de 35. Poden solicitar a participación no Espazo Concilia os nenos que no momento de presentar a solicitude teñan os 3 anos cumpridos e non superen os 9 anos.
A ludoteca desenvolverase nas instalacións da Casa Rosada, centro dos Servizos Sociais do Concello, entre o 2 de xullo e o 7 de setembro, de luns a venres, en horario de 08.30 a 14.30 horas.
Os prezos son de 15 euros o mes xullo; 15 o de agosto e 5 euros en setembro.
As solicitudes de inscripción deberán formularse no impreso que estará dispoñible no rexistro de entrada da Casa Rosada ou na oficina do CIM, xuntándose a documentación que se relaciona no impreso, en horario de 09:00 a 14:00 horas.
O prazo para presentar as solicitudes comezará o día 25 de maio e rematará o día 4 de xuño.
Na páxina web do Concello, na Casa Rosada, no CIM e no facebook do CIM Poio poderán verse as bases reguladoras e os criterios baremables de admisión.