A Lama ampliará a Festa do Codillo para dar cabida a máis xente
Por Redacción
O goberno municipal da Lama fixo unha valoración moi positiva da XVIII edición da Festa do Codillo, aínda que recoñece que se viron desbordados por unha asistencia máis numerosa do previsto.
O alcalde, Jorge Canda, pediu desculpas a aquelas persoas que tiveron que abandonar a festa sen poder adquirir os tickets que daban dereito a degustar o codillo que se servía nesta ocasión. Asegura que, na medida do posible, non volverá suceder.
Así, o Concello asegura que se está traballando xa nunha reformulación da Festa do Codillo para dar cabida a 1.500 comensais a través da posta á venda anticipada de tickets a través dunha entidade bancaria.
Seguirase, por tanto, o modelo doutros eventos gastronómicos como a Festa do Carneiro ao Espeto de Moraña, "poñendo os tickets e as reservas de mesa á venda uns 15 días antes do evento e así podemos ter unha mellor previsión dos asistentes a este evento gastronómico de primeiro nivel".
Co novo sistema que se vai a poñer en marcha o próximo ano, ademais, "evitaremos que a xente teña que facer dúas colas posto que non terá que facer espera algunha para conseguir o tícket e só terá que poñerse á fila para recoller o seu prato de codillo", engadiu.
A Lama tamén pretende habilitar outro sistema de repartición para servir os pratos coa intención de gañar en celeridade e minimizar ao máximo a espera que poidan sufrir os comensais.
Relacionadas:
-
Unha Festa do Codillo de récord na Lama
Por Redacción |
-
Todo listo para degustar codillo na Lama o domingo 9 de xuño
Por Redacción |
-
A Festa do Codillo bate o seu récord de asistencia
Por Redacción |
-
Todo listo na Lama para unha Festa do Codillo que alcanza a súa maioría de idade
Por Redacción |
-
A Festa do Codillo da Lama xa ten prato principal
Por Redacción |