A CIG alerta a mocidade do perigo que corren as súas pensións
O sindicato CIG convoca unha manifestación de protesta para reclamar pensións dignas para este martes 22 de maio ás 20.00 horas na praza da Peregrina.
Trátase dunha convocatoria na que se pedirán mellores empregos, salarios e pensións. Este luns, o secretario comarcal de CIG en Pontevedra, Marcos Conde; a representante de Emigrantes Retornados, Esther Crespo e o coordinador de CIG Xubilados, Xosé Muíños explicaban que a situación para a maioría social continúa sen cambiar e non é suficiente a subida das pensións anunciada por Mariano Rajoy.
"Cremos que hai que ir á raíz do problema", indicou Conde facendo un chamamento á presión por parte da sociedade a través das protestas na rúa ao entender que é a fórmula máis eficaz para obter resultados.
"O Estado ten que ser garante das pensións", indicaron os representantes do sindicato nacionalista. Marcos Conde mostrou a preocupación porque a xente nova non é consciente de que se están dando pasos para que desaparezan as pensións públicas mentres que as privadas non ofrecen garantías de fronte ao futuro.
Esta mobilización será un acto máis da central nacionalista de cara á folga xeral convocada pola CIG para o 19 de maio.
Relacionadas:
-
A CIG demanda ao goberno de Sánchez un sistema público de pensións de garantía
Por Redacción |
-
A CIG reivindica un sistema de pensións público e digno
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
A CIG denuncia os recortes en prestacións asistenciais e por desemprego ante as oficinas do paro
Por Miguel Álvarez Fandiño & Anxo Lourido |
-
A CIG quenta motores na rúa de cara a unha folga xeral o 19 de xuño
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Un berro alto e claro en defensa das pensións
Por Diego Espiño & Diego Torrado |