A Aña Urbana enche de tradición as rúas da cidade
Por Redacción & Diego Torrado
Por sétimo ano consecutivo a Asociación Cultural Trépia organizou este sábado a súa Aña Urbana, actividade cargada de tradición, lembrando as actividades que no seu día se realizaban para acompañar as tarefas do campo.
A Praza de España foi o epicentro da xornada, pero iso non evitou que a celebración chegase a outros puntos e recunchos da cidade, especialmente do centro histórico.
Percorridos polas rúas e prazas, exposicións, obradoiros, artesanía e actuacións musicais redondearon o evento.
Durante todo o día as asociacións e grupos convidados botáronse á rúa para mostrar os seus traballos de recuperación dos cantares, bailes e outros ritos relacionados co ciclo das labranzas e a propia Aña.
Ademais na carpa instalada na Praza de España puido verse unha mostra de oficios tradicionais e artesáns.
Xa como colofón, a partir das 19:30 horas actuaron grupos invitados e da Asociación Cultural Trépia para finalizar unha edición máis co Serán da Aña Urbana.